luns, 29 de setembro de 2014

Judokas!

Hoxe en Educación Física tivemos unha sesión de Judo con Sergi. Foi moi divertida e aprendemos novas  cousas como por exemplo a voltereta,a defendernos,a inmovilizarnos... Aquí nos tedes en acción!


Cos nosos diplomas

O noso Fogo Nicolás

Tanto nos gustou o "Fogo Nicolás" que nos animamos a inventar as nosas propias coplas. E despois de inventar cantámolas, claro. Quédanos pendente un audio. Farémolo!


O noso Fogo Nicolás Preme na imaxe para ver o texto en grande.

venres, 26 de setembro de 2014

Fogo Nicolás



Fogo Nicolás foi un dos temas musicais cos que a nosa clase de quinto comezou o curso. Pertence a un album, que temos na nosa biblioteca, que se chama Celtic Roots. Celtic Roots foi o resultado dun proxecto educativo que tivo como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. É un CD-DVD que recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.
Gustounos moito para cantar , bailar , percutir e inventar...

martes, 23 de setembro de 2014

Comezamos!

Comezamos hoxe unha nova andaina, un novo blogue de aula no que dar conta do que estamos a facer, do que nos interesa, das nosas opinións... neste novo curso. Somos as alumnas e alumnos de quinto do CEP Xosé Mª Brea Segade, das parroquias do Araño e Taragoña: "cangrexeir@s e arañeir@s".
Convidámosvos a seguirnos no noso novo blogue.

E tedes morriña de tempos pasados podedes visitar o noso blogue de terceiro e cuarto para ver como eramos e que faciamos "de pequen@s".