venres, 26 de decembro de 2014

As nosas vidrieiras

Nas últimas semanas de trimestre en Plástica estivemos facendo vidrieiras de cartolina e papel de celofán. Custou recortar o debuxo que tiñamos para reencher de celofán pero pagou a pena. Mirade que efectos tan chulos fai a luz ao atravesalas.



De maior queremos ser

Revisando o traballo do primeiro trimestre vimos que non publicaramos no blogue nada sobre un dos primeiros proxectos que levamos a cabo en Valores sociais e cívicos. Aquí está a reportaxe sobre o mural que elaboramos partindo da lectura do libro de Violeta Monreal ¿Qué te gustaría ser de mayor?, da colección "Preguntas para mentes despiertas".






Empezamos por pensar o mellor e o peor de ser maiores, pero maiores de verdade, adultos/as. Despois cada quen pensou e preparou unha pequena presentación sobre o que lle gustaría ser de maior. Como remate presentouse o traballo ao resto dos compañeiros/as e respostouse a preguntas e dúbidas. Foi moi interesante. Imos ter unha variedade enorme de profesións nos futuros homes e mulleres que agora están en quinto. Mirádeo vós mesm@s. Lembrade que podedes parar a presentación das fotos, para ver algunha con máis detalle, premendo nos botóns inferiores.



Roma

Exipto

Grecia

Mesopotamia

Comezamos a publicar as presentacións que elaboramos en Ciencias Sociais como resultado final do proxecto sobre Idade Antiga e civilizacións. Cada grupo centrouse nunha civilización concreta, recolleu información organizouna e elaborou unha breve presentación que se expuxo na aula antes de rematar o 1º trimestre. Tamén tivemos que aprender a traballar con Libre Office Impress. 

Resposta do Centro Dramático

Recibimos resposta á nosa carta do Centro Dramático Galego! Foi un correo electrónico que chegou ao correo do cole. Gustounos ver que os nosos debuxos e cartas chegaran e que lles gustaran. Temos que estar pendentes para ver se publican algunha entrada na súa web.


sábado, 13 de decembro de 2014

Aniversario de César

Esta semana celebramos o aniversario de César Creo, outro dos "pequenos" da clase. Tivemos un biscoito riquísimo do que non sobrou nadiña, na nosa liña habitual.Cantamos, turramos das orellas e festexamos...

 Moitos parabéns Cesar!




Parabéns para ti...

Mmmmmm!

Para min, para min!

Liquidado! Jeje!

Xornal BBS, o que non entrou

Queremos compartir tamén as novas que elaboramos na clase para o xornal BBS e que non colleronno último número porque somos moitas clases e moitos rapaces/zas con afán reporteiro.

Cartas para o Centro Dramático Galego

Despois de aisitir á representación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" decidimos mandarlle cartas aos actores e actrices para contarlles o que nos parecera a obra. Aquí as tedes, a ver se nos contestan.


xoves, 4 de decembro de 2014

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Agardamos a vosas opinións sobre a obra que vimos onte. Para refrescar a memoria aquí tedes o vídeo que emprega o Centro Dramático para promocionar a obra.

mércores, 3 de decembro de 2014

Laura e Marta nos contacontos da BBS

Hoxe Laura contou un conto na BBS xunto coa súa irmá pequena, Marta. Escolleron A que sabe a lúa? Para ver toda a reportaxe entrade no blogue da BBS.
Hoxe no recreo...




Laura e Marta en acción.




Ben feito!

martes, 2 de decembro de 2014

Aniversario de Noa

Novembro rematou coa celebración do aniversario de Noa. Xa nos quedan menos por cumprir os dez!
Cantamoslle, turramoslle das orellas e comemos uns riquísimos pasteis que fixo a nai de Noa e que ademais de estar ben bos eran moi curriños. Custou escoller cal comer! Lembra traernos a receita, Noa.

PARABÉNS, NOA!


Repartindo

Pintaza!

Mirade este!