xoves, 29 de outubro de 2015

Aniversario de Fátima

Este mércores foi o aniversario de Fátima e celebrámolo como máis nos gusta, compartindo unha torta e cantando: Parabéns!!!

PARABENS, FÁTIMA!

A torta estaba riquísima, graciñas! 



 

 

martes, 27 de outubro de 2015

Descifradas!

Aquí nos tedes concentrad@s descifrando as mensaxes:





E aquí tedes o resultado:

Se preto da biblioteca tedes un xardín 
xa non vos faltará de nada.” 


O mellor das bibliotecas é 
que son o bastante grandes 
para que colla o mundo enteiro 
pero do tamaño perfecto 
para coller na túa vila.”

 A ver se o fixemos ben!

 

luns, 26 de outubro de 2015

Mensaxe codificada da BBS

O venres celebramos o Día da Biblioteca no colexio e ao rematar o conto que nos contaron os profes recibimos un sobre cunha mensaxe cifrada. Temos que interpretar as pistas, descubrir o código e descifrar a mensaxe. Seremos capaces?






mércores, 21 de outubro de 2015

Era certo!

Agardamos uns pouquiños días e... si, vimos as esporas dos champiñóns. A simple vista unha especie de po castaño, pero coa axuda das lupas xa as apreciamos máis detalle.


Esporas
Coa lupa de man

Na lupa binocular observamos mofo
Champiñóns
Esporas

martes, 20 de outubro de 2015

Contadoras na BBS

Iria e Andrea foron as encargadas de inaugurar a tempada 2015-2016 de contacontos do recreo da BBS. Xa sabedes, agora hai que seguir compartindo contos, elas e o resto da clase.

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=138345

Axudantes da BBS


Jorge Castaño, Patri, César Creo e César Miguéns xa son axudantes da BBS! Son a primeira quenda deste curso e teñen toda esta semana para "poñer a andar" a biblioteca.

luns, 19 de outubro de 2015

Esporas de champiñón

Botamos a andar unha actividade de observación. Queremos ver as esporas dos champiñóns, e para iso decidimos levar a cabo unha pequena práctica. Aquí tedes o proceso, de momento: agardamos! :-)


domingo, 11 de outubro de 2015

Axudantes da BBS

Non vos despistedes, tedes ata mércores para anotarvos.

A saída a Leiro e Rianxo

Que ben o pasamos e que día máis bonito, menudo tempo! Aquí tedes a reportaxe fotográfica, porque as imaxes xa o din case todo.
Noraboa polo ben que vos portastes, rapaces e rapazas! Dá gusto saír de excursión con vós!



xoves, 8 de outubro de 2015

Saída á aldea esquecida de Abuín

Mañá marchamos de expedición polo noso municipio. Imos a Abuín, aos Mouchos, ças Cunchas, Porrón Tronco e Tanxil. Na aldea vella de Abuín nós leremos para todo o colexio o relato Camiño esquecido de Castelao.
Vai ser un día ben chulo, seguro! 


martes, 6 de outubro de 2015

Que é?

Este insecto agardaba hoxe á tarde na porta da escola a que sairamos. Montouse moito barullo, houbo quen non quería pasar pola porta... Que é? Sabédelo ou teredes que investigar para descubrilo?


BRAVO LEDICIA!

Ben por Ledicia Costas e a súa Escarlatina! 

Acaban de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015. Como nos aledamos! 
E que ganas temos de ler a precuela da que nos falou cando veu vistar a BBS en maio.
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/literatura/2015/10/05/gallega-ledicia-costas-logra-premio-nacional-literatura-infantil-juvenil/00031444048634029795168.htm

luns, 5 de outubro de 2015

A BBS abre as súas portas!

Chegou a chuvia e o frío e a BBS abre as súas portas para darnos acubillo. Este luns comezará a abrir nos recreos, nas horas de clase e pola tarde para as familias. Teremos que ir ver que novidades nos agardan.

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=137821