xoves, 30 de abril de 2015

Aniversario de Andrea

Abril é un mes de moitos aniversarios en 5º, Laura, Noelia e xa case ao remate do mes, Andrea. Este mércores celebramos os 11 anos de Andrea cuns deliciosos amorodos que nos aledaron a mañá. E ademais, turramoslle das orellas e cantámoslle, como non?

 PARABÉNS, ANDREA!

Graciñas por eses riquísimos amorodos.


Ummmmm!

venres, 24 de abril de 2015

Aniversario de Laura

Laura naceu o Día do Libro, bo presaxio, sen dúbida. Hoxe celebramos o aniversario de Laura antes incluso dos actos de celebración do Día do Libro. Trouxonos un biscoito boísimo e así collemos enerxía para contar contos e facer de padriños e madriñas lector@s o resto da mañá. 

Grazas polo biscoito Laura e...

 PARABÉNS!








Descubrindo Rianxo

Despois do teatro quedamos en Rianxo para facer o xogo de pistas que non puideramos facer o día que visitamos a B.P.M. Castelao. Era un xogo de pistas no que divididos en tres grupos tiñamos que pasar por doce estacións diferentes e conseguir información. Ainda temos que traballar sobre todo o material que recollemos ao longo do xogo, pero aquí tedes un anticipo.
Paciencia, para a semana habemos ter o proxecto listo.

Monster's madness

Esta semana fomos ver teatro en inglés no Auditorio de Rianxo. A obra titulábase Monster's Madness e era unha disparatada historia protagonizada por persoanaxes terroríficos que daban risa. Jorge Otero saiu para botar unha man aos actores e representou a  Switch, un interruptor para poñer en funcionamento a máquina creadora de monstros.



xoves, 23 de abril de 2015

Feliz Día do Libro!

As familias na BBS

As familias están convidadas a ler contos na BBS nos recreos do mes de abril. Andrea e a súa tía Vero foron as encargadas de abrir a semana. Visitade o blogue da biblio para velas. E de paso vede tamén a reportaxe da nai de Andrea e o seu irmán Abel, que tamén foron contadores.


Xeografía

Este trimestre en Sociais imos traballar sobre xeografía. En canto empezamos a falar de mapas, globos terráqueos, relevo... Manuel non o pensou dúas veces e nos trouxo un xogo que serve para aprender xeografía de xeito divertido: un globo terraqueo que fala e ten diferentes actividades!

Graciñas, Manuel! Imos aproveitalo ben mentres estea na nosa clase.






sábado, 18 de abril de 2015

O tempo voa

Por fin Iria e Andrea contaron o conto que tiñan preparado! Non puideran facelo no segundo trimestre pero así, aínda que xa estaban un pouco desesperadas de tanto agardar,  contarono na horta nun diazo de primavera. E fixérono xenial!
Entrade no blogue da biblio para saber máis.

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=135739

luns, 13 de abril de 2015

Na Biblioteca Pública Municipal Castelao

 
http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=135629

No blogue da BBS tedes a reportaxe completa da nosa saída do xoves pasado á
Biblioteca Municipal e tamén das que fixeron os outros cursos da escola.


luns, 6 de abril de 2015

Concurso matemático

Rematamos o segundo trimestre cun Concurso Matemático por equipos. Houbo probas de fraccións, porcentaxes, operacións, decimais e xeometría. Todo en tempo limitado e tendo que conseguir pezas duns crebacabezas que resultararon ser ovos de Pascua. E como premio oviños de Pascua para despedirnos con bo sabor de boca. Coma sempre pasa nos concursos, as Matemáticas resultaron emocionates e divertidas.

O Museo de Pontevedra

A nosa visita ao Museo de Pontevedra serviunos para falar sobre museos e obras de arte, sobre que as veces poden parecer aburridos se o queremos ver todo en pouco tempo, sobre o que aprendemos nesta visita... Para moit@s era a primeira vez nun museo coma este, así que empezamos por aprender as normas para visitar museos. Decidimos resumir nunha presentación o que máis nos gustou ou nos chamou a atención a cada un. Sorprendeunos ver que coincidiamos bastante. Aquí están as nosas escollas do Museo de Pontevedra.

Efectos ópticos

Esta é a presentación que elaboramos co que aprendemos no obradoiro de efectos ópticos no Salón do Libro de Pontevedra. Quedamos con ganas de seguir experimentando e investigando.

Tangram

Levamos unhas semanas usando un novo recurso na aula, o Tangram. Moitos xa o coñecían pero a verdade é que a maioría nunca o probaran e nunca o relacionaran coas clases de Matemáticas. Foi todo un descubrimento! De momento estamos a ver as posibilidades que ten, pero aínda nos queda moito por fedellar.