luns, 21 de marzo de 2016

Día da Poesía

O venres pasado celebramos no colexio o Día da Poesía que é hoxe, o 21 de marzo. Os membros dos clubs de lectura repartiron a cada clase un sobre con poemas de Manuel María e Paula Carballeira, manuscritos e decorados. Na nosa clase os poemas foran escollidos e preparados por alumnos e alumnas de quinto, así que aínda que case tod@s participamos na actividade non sabiamos os poemas que nos ían tocar, pero si sabiamos que nos habían gustar.

Feliz Día da Poesía! 
Máis poesía cada día para un mundo mellor! :-)

domingo, 20 de marzo de 2016

O noso traballo para o Salón do Libro de Pontevedra

Un ano máis imos participar como centro convidado no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A Biblioteca Brea Segade promoveu e coordinou o traballo de cinco clases da escola, sexto entre elas. Aquí tedes unha reportaxe do que estivemos facendo ao longo das últimas semanas para preparar a nosa participación na maqueta do colexio.
Xa queda menos para visitar o Salón!

venres, 18 de marzo de 2016

Dinosaurio Belisario

Escollemos Dinosaurio Belisario para o noso contacontos do recreo da BBS deste trimestre. Despois de falar en Sociais de dereitos, deberes, democracia... decidimos contar un conto no que os nenos e nenas loitan por defender os seus dereitos frente a un dinosauro pouco "democrático".

Anunciando o conto






Bravo!

mércores, 16 de marzo de 2016

Charla dun bateeiro

Onte estivo na nosa clase, David, o padriño de Jorge Otero, que é bateeiro. Veu falarnos do seu traballo para aaxudarnos a recoller información para os nosa maqueta para o Salón do Libro.   Descubrimos moitas cousas que non sabiamos, que nas bateas hai moito que facer, que o traballo se modernizou moito nos últimos tempos e agora xa non son necesarias tantas persoas coma antes para levar unha batea, pero nunca menos de dúas, que os bateeiros intentan conseguir o etiquetado do  mexillón das rías para que se recoñeza que é un dos mellores do mundo... David deixounos coa boca aberta ao falar do que pesa cada cardo, das cordas que pode ter unha batea, das dimensións... 
Foi moi interesante!

Grazas, David!




venres, 11 de marzo de 2016

Bechos do mar

Este mércores tivemos a sorte de recibir no cole a visita de Jose Parada, un biólogo especializado no medio mariño, que nos deu unha charla sobre os invertebrados que podemos atopar nas nosas rías. A charla é unha das actividades que estamos a realizar este trimestre para preparar a nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra. 
Jose trouxonos bechos de verdade e vivos para que puideramos tocar e ver todo o que nos ía explicando, foi xenial! Pola mañá foi ás rochas a buscar todo o que nos ensinou e despois devolveuno de novo ao mar á tardiña. Como a charla comezou ás dúas e media aproveitamos para comer xunt@s na escola, descansar e xogar un pouco antes de comezar. Tamén lle fomos dar unha visita ao noso carballo, que está medrando ben e xa ten follas novas. 
Aquí tedes un anticipo en imaxes do que fixemos o mércores pasado. Ampliaremos a información na vindeira semana con todos os datos que recollemos na charla, que foron moitos!

 Graciñas, Jose, encantounos!!! 


domingo, 6 de marzo de 2016

O carballo de 6º

O martes pasado aproveitando o bo tempo plantamos as nosas flores para Rosalía que quedaran pendentes desde o día 24 de febreiro e como xa estabamos en faena lembramos o carballo que temos na clase desde 5º, un dos poucos supervivintes das landras que plantaramos alá polo outono do 2014. Así que decidimos que o noso carballiño tamén ía ser unha homenaxe a Rosalía e xa está na pendente da horta, medrando forte á beira do campo de futbol. Coidadiño con el, eh?