Estamos rematando de ler na clase este libro: Mitos griegos de Maria Angelidou, na editorial Vicens Vives.
Forma parte dos itinerarios lectores do noso colexio para quinto e sexto de Primaria e estanos gustando moito.
Animádevos a falar do voso mito favorito e da vosa opinión sobre o libro.
domingo, 28 de febreiro de 2016
Día de Rosalía
Non deixedes de ver as gravacións da participación de sexto no Día de Rosalía.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
falamos,
poesía,
Rosalía
sábado, 27 de febreiro de 2016
O vampiro
O martes César, Iria, Patri, Laura, Fátima e Andrea foron contador@s na BBS. Escolleron un conto de medo, O vampiro. Para saber máis entrade no blogue da biblioteca.
Faltou Silvia, que tamén era contadora pero tivo que marchar ao médico. Débesnos conto, Silvia! :-)
Faltou Silvia, que tamén era contadora pero tivo que marchar ao médico. Débesnos conto, Silvia! :-)
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
contacontos,
contos
martes, 23 de febreiro de 2016
Postais para o Día de Rosalía
As postais para conmemorar o Día de Rosalía saíron o luns. Aquí tedes unha montaxe co traballo de 5ºB e 6º. Entrade tamén no blogue da BBS para ver máis sobre as postais.
domingo, 21 de febreiro de 2016
Rugbi
O venres en Educación Física tivemos a visita de catro membros do Barbanza Rugbi Club que nos contaron en que consiste o rugbi e tamén nos deron unhas nocións básicas de xogo no pavillón. Aprendemos moitas cousas que descoñecíamos e foi divertido probar a practicalo, aínda que fora pouco tempo. Haberá que repetir!
Mobiliza Rosalía
O mércores que vén é o Día de Rosalía. O lema deste ano é Mobiliza Rosalía e a nosa biblioteca pediulle a todo o cole que comezara a mobilizarse. Nós xa comezamos, imos subindo imaxes do que estamos a facer. Continuará ...
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
creamos,
Rosalía
domingo, 14 de febreiro de 2016
Xogo do círculo
Retomamos o noso traballo en Conectando Mundos. Nesta semaniña curta, de tan só dous días de escola, revisamos e valoramos os datos da enquisa que fixemos ás nosas maiores (avoas, bisavoas e tamén avós) sobre as profesións , coñecimos a Malala e fixemos o Xogo do Círculo; non hai queixa, a verdade é que traballamos moito en pouco tempo.
No Xogo do Círculo fomos pasando un a un papeis cos nomes dos nosos compañeiros/as e fomos anotando para cada quen unha característica positiva. Cada vez que anotabamos dobrabamos o papel a xeito de abano. Ao final cada quen abriu o seu papel/abano e descubriu as cousas boas que entre todos pensatramos del ou ela. Rematamos comentando se estiveramos de acordo co que os compañeiros/as vían de nós, se nos gustara, que nos chama a atención... A verdade é que tod@s estivemos bastante de acordo. O Conectando Mundos deste curso está axudándonos a coñecernos mellor.
Etiquetas:
Conectando mundos,
Valores Sociais e Cívicos
venres, 12 de febreiro de 2016
Máis Entroido
Ainda que seguro que tod@s nos apuntabamos a pedir "máis Entroido" o título desta entradafala de máis material da nosa participación no Entroido. Aquí tedes dúas novas fotos chulísimas e un video!!! Pasóunolos Iria para compartir.
Graciñas!!
Científic@s tol@s, tol@s |
Le-mentes en acción! |
Dez boas razóns para practicar un deporte
Aquí tedes o artigo da Voz de Galicia que precisades para o traballo de Educación Física deste trimestre.
Moi interesante! Tomamos nota, tod@s :-)
Moi interesante! Tomamos nota, tod@s :-)
martes, 9 de febreiro de 2016
Adeus, Toribio!
Para rematar a mañá do venres dixémoslle adeus ao noso Toribio, que tan ben nolo fixo pasar. Queimámolo nun acto moi solemne e ben tristeiro. Ata o ano, Toribio!
Menos mal que o Entroido non rematou nas nosas aldeas e aínda podemos "entroidar".
Venres de Entroido: científic@s tolos
E o venres 5 enchimos Campo de Pazos de científic@s e inventos tolos. Foi moi divertido!
Comezamos cos preparativos, fixemos un pasarrúas a Campo de Pazos, alí recitamos e cantamos as nosas coplas, voltamos en bus, merendamos doces de Entroido, bailamos, xogamos....
Comezamos cos preparativos, fixemos un pasarrúas a Campo de Pazos, alí recitamos e cantamos as nosas coplas, voltamos en bus, merendamos doces de Entroido, bailamos, xogamos....
Listos! |
Saímos |
Pasarrúas a Campo de Pazos |
En Campo de Pazos |
No bus de volta a Campo Maneiro |
Mmmmm! |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)