domingo, 14 de febreiro de 2016

Xogo do círculo

Retomamos o noso traballo en Conectando Mundos. Nesta semaniña curta, de tan só dous días de escola, revisamos e valoramos os datos da enquisa que fixemos ás nosas maiores (avoas, bisavoas e tamén avós) sobre as profesións , coñecimos a Malala e fixemos o Xogo do Círculo; non hai queixa, a verdade é que traballamos moito en pouco tempo.
No Xogo do Círculo fomos pasando un a un papeis cos nomes dos nosos compañeiros/as e fomos anotando para cada quen unha característica positiva. Cada vez que anotabamos dobrabamos o papel a xeito de abano. Ao final cada quen abriu o seu papel/abano e descubriu as cousas boas que entre todos pensatramos del ou ela. Rematamos comentando se estiveramos de acordo co que os compañeiros/as vían de nós, se nos gustara, que nos chama a atención... A verdade é que tod@s estivemos bastante de acordo. O Conectando Mundos deste curso está axudándonos a coñecernos mellor.












Ningún comentario:

Publicar un comentario