luns, 23 de marzo de 2015

Mandala da colaboración

Conseguimos o terceiro dos mandalas do Conectando Mundos deste curso, o da colaboración. Rematamos así as tarefas en rede propostas na actividade, pero aínda seguimos elaborando os murais cos que resumiremos as investigacións e descubertas realizadas. Tamén estamos participando no xogo en liña que elaboramos entre todos os colexios con preguntas sobre os países e dereitos que investigamos. E o fundamental seguiremos atent@s á situación dos dereitos sociais no mundo.

 

domingo, 22 de marzo de 2015

Eclipse

Non vos perdades as fotos da eclipse que publican en Fotos de Rianxo. Foron tomadas na subida á Muralla e recollen unha secuencia de imaxes desde o comezo ao remate da eclipse. Chulísimas!


http://fotosderianxo.com/2015/03/20/eclipse-de-sol-2015/

venres, 20 de marzo de 2015

Rochas e minerais

Este mércores estivemos con Rafael, o avó de Tahira, que veu a ensinarnos a súa colección de rochas e minerais e falarnos sobre eles. Empezou por falarnos dos tipos tres tipos de rochas (igneas, sedimentarias e metamórficas) e despois foi ensinándonos as que trouxo a escola, explicándonos onde as atopou e de que minerais estaban feitas. Despois das rochas seguiu cos minerais. Foinos pasando exemplos e ao final estivemos mirando a colección de cerca e facendo preguntas. Bueno, preguntas non paramos de facer  case desde o principio :-) Foi moi interesante; quedamos abraiados con todo o que sabe Rafael. E tamén quedamos con moitas ganas de seguir aprendendo máis sobre rochas e minerais.
 Grazas, Rafael!



luns, 16 de marzo de 2015

En Pontevedra

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=135148
4º e 5º no Salón do Libro

Xa está no blogue da biblioteca a reportaxe da nosa excursión a Pontevedra. Non a perdades!

luns, 9 de marzo de 2015

Madalenas caseiras para lamber os fociños

Que sorte temos! Outro luns con madalenas caseiras para lamber os fociños, receita de Escarlatina, a cociñeira defunta, para papar no recreo. Desta vez foi Iria, quen, coa axuda da súa nai, preparou un feixe de madalenas deliciosas para aledarnos o luns.
Como non nos vai gustar este libro? Se non facemos outra cousa que probar larpeiradas desde que o comezamos ler!

Graciñas ás dúas! Estaban deliciosas!

Ooooooh!

Que pintaza!

Eu quero!
E eu!

Mmmmm!

Ñam, ñam!

GRAZAS!

domingo, 8 de marzo de 2015

Contando contos na horta

O venres pasado Silvia, Laura, Andrea e Patri non puideron resistirse á caloriña e á luz que había no patio e leváronnos a horta a escoitar o seu conto. No blogue da biblio tedes máis información.


O zoo de Xoquín!

Mandala da dignidade

Temos o segundo mandala da nosa aventura en Conectando Mundos, xa queda menos!
 A que é moi chulo?

Dignidade



Día Internacional da Muller

Doodle do buscador Google para o Día Internacional da Muller
Hoxe é o Día Internacional da Muller.
Feliz día para todas as mulleres, grandes e pequenas e para todos os homes que se sinten complices na loita polos dereitos e a igualdade da muller. Temos avanzado moito, pero segue a quedar moito para conseguir a igualdade real de todas as mulleres do mundo. Hoxe é un día para lembrar, reivindicar  e celebrar, pero temos todo un ano de "días da muller" para conseguir desterrar o machismo e a discriminación da nosa sociedade.

Feliz 8 de marzo!

xoves, 5 de marzo de 2015

A voltas cos experimentos

Rubén e Noa estiveron experimentando na casa. Rubén, desta vez, centrouse nas ilusións ópticas e Noa nos efectos do vinagre sobre a casca dun ovo. O martes pasado trouxeron os seu experimentos para compartir os resultados.

Rubén e as ilusións ópticas
Cal é máis grande?
Que ves?

Son iguais?
O ovo flexible de Noa



Botará?

Escarlatina, a cociñeira defunta

Comezamos un novo libro de lectura colectiva: Escarlatina, a cociñeira defunta  de Ledicia Costas. O libro ten dúas partes, a historia en si e un receitario de pasteis e pratos que imos ir probando a facer nas nosas casas. Pódese dicir que é un libro que convida a cociñar e, de feito, con só un par de capítulos lidos xa tivemos mostra do boas cociñeiras/as que podemos ser.. con axuda dalgún maior da casa.
Noelia e Silvia, coa axuda das súas nais,  fixeron madalenas caseiras  na fin de semana e o luns trouxeronas a ensinar e a probar. Pintaza! 
Estaban boísimas, Noelia!

Grazas ás dúas e ás vosas nais!




Ummm!


Eu quero!


Madalena con capa de chocolate
Riquísimas!


Ñam, ñam!


domingo, 1 de marzo de 2015

Charla sobre o traballo dos axentes forestais

O pasado venres tivemos unha mañá completa, completa. Ademais de homenaxear a Rosalía estiveron no centro dous capataces forestais para darnos unha charla sobre o seu traballo. Explicáronnos cales son as súas funcións, que pasan pola prevención, a vixiancia, o asesoramento, o coidado e limpeza do medio ambiente e a extinción do lume, entre outras. Poidemos coñecer de cerca o equipamento que empregan no seu traballo e diferenciar especies as vexetais máis comúns no noso ecosistema. Foi moi interesante. 


Estamos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra!

O venres 27 de febreiro inaugurouse o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Alí estivemos para ver o noso Nautilus na exposición dos traballos escolares. Impresionate! Entrade no blogue da BBS para ver unha montaxe con imaxes do noso traballo para o Salón do Libro. Clicade na foto ou AQUÍ.
http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=134917

Nós somos Rosalía

Levabamos toda a semana falando e traballando sobre Rosalía na clase e o venres 27 celebramos no cole a nosa homenaxe á poeta. Sumámonos á proposta da Asociación de escritores en lingua galega e compartimos poesía e flores para lembrar a Rosalía e manter viva a súa obra e o seu compromiso con Galicia, coa súa lingua e a súa cultura.
Entrade na páxina da BBS para ver a reportaxe completa. Aquí tedes as imaxes da participación de quinto no acto montadas cun novo trebello que estamos probando. Que vos parece?