domingo, 1 de marzo de 2015

Charla sobre o traballo dos axentes forestais

O pasado venres tivemos unha mañá completa, completa. Ademais de homenaxear a Rosalía estiveron no centro dous capataces forestais para darnos unha charla sobre o seu traballo. Explicáronnos cales son as súas funcións, que pasan pola prevención, a vixiancia, o asesoramento, o coidado e limpeza do medio ambiente e a extinción do lume, entre outras. Poidemos coñecer de cerca o equipamento que empregan no seu traballo e diferenciar especies as vexetais máis comúns no noso ecosistema. Foi moi interesante. 


2 comentarios:

  1. Miña irmá está estudiando para forestal

    ResponderEliminar
  2. A charla molou moito! Jorge C.

    ResponderEliminar