mércores, 31 de agosto de 2016

Ata aquí chegamos!

31 de agosto do 2016

Mañá comeza un novo curso, o 2016-2017, no que os protagonistas do Cangrexeiros na Arañeira xa non estarán no Brea Segade. 
O blogue é voso, vós fostes construíndoo día a día e coa vosa marcha do cole o blogue pecha. Non desaparece, poderédelo seguir consultando e facendo comentarios, pero non se actualizará, non publicará novas entradas. 

Moita sorte na nova etapa que comezades! 


Entroido 2014

Entroido 2016

domingo, 26 de xuño de 2016

Cactus


Pequenos cactus, bonitos por dentro e por fóra, resistentes, preparados para non deixar escapar a riqueza que levan dentro, a auga e sales minerais que permiten a fotosintese, que os fai medrar e manterse vivos...

Medrade fortes, pero non cambiedes, mantede a riqueza que levades dentro e mostrádea día a día na nova etapa que comezades. 
Moita sorte a tod@s! Non esquezades ao CEP Brea Segade; lembrade que esta segue a ser a vosa casa. 
Bicos 

Aniversario de Iria

O último día de colexio celebramos o aniversario de Iria, outra moza de 12 anos! Trouxonos un biscoito riquísimo que nos papamos, sen deixar migalla despois dos obradoiros e antes da guerra da auga. Aínda que xa cho dixemnos e xa pasou o día:

PARABÉNS IRIA!!!!
Moitas grazas polo biscoito! Que ben nos prestou! :-)

Na praia

Antes de comer visitamos a lagoa e o faro de Louro, pero xa só pensabamos en: PRAIA!!!!!!
Lagoa e Monte Louro
Faro de Louro
Na praia de San Francisco
Baño antes de xantar




Ao estar frescos veu a fame de volta. Comemos e descansamos no piñeiral da praia de San Francisco en Louro.
Repoñendo crema en equipo
Crema vai!
Debidamente untados de crema volvemos á praia. Que ganiñas tiñamos de mar e area!


Volvemos ao piñeiral para repoñer forzas coa merenda, estar un pouco a sombra e botar máis crema e... De volta á praia a polo último baño do día.

Día completo, completo, boísima maneira de despedir 6º, pasando un día xunt@s.

Muros

A seguinte parada foi a vila de Muros. Alí fixemos un xogo por equipos no que tiñamos que localizar diferentes lugares do casco histórico, fotografarnos neles, facer preguntas aos veciñ@s, buscar información... Pasámolo moi ben e descubrimos que Muros é precioso, case tanto coma Rianxo :-)
Por suposto, os dous equipos completaron o xogo, en sexto hai investigador@s de primeira!


Aquí tedes as fotos de cada un dos equipos:
Tod@s xuntos ao remate do xogo

Excursión de fin de curso

O martes marchamos de excursión. Tivemos que agardar unha semana a que o tempo se aquelara pero ao final veunos un diazo :-)
A primeira parada foi unha sorpresa, unha débeda pendente que Noelia pasou dous cursos enteiros lembrándonos, ou foron tres? Xa perdemos a conta...
Pero o prometido é debido e visitamos o Dolme de Axeitos antes de deixar o Brea Segade!!!!!










Marisqueo e mariscadoras

Tiñamos pendente esta charla desde había moito tempo, non podiamos rematar o curso sen aprender de primeira man en que consiste o traballo das mariscadoras e comprobar se o que investigaramos e despois contamos nun dos libros que fixenmos este curso era correcto. Por iso pedimoslle ás nais de Silvia e de Andrea que nos viñeran falar do seu traballo. 
Trouxeronnos ferramentas e tamén ameixas e berberechos de diferentes tipos para aprendernos a distinguilos ben. Déroonnos detalles sobre o seu traballo que non atoparamos nos libros e  contestaron a todo o que lles preguntamos. Foi unha sorte contar con elas, así dá gusto!
Graciñas, Bea e Esther!