mércores, 29 de outubro de 2014

Indo para o Samaín

Aquí temos a gravación da nosa obra de teatro de hoxe no recreo na BBS. Mágoa non ter unha gravación mellor. Aínda así ben se ve o bos actores e actrices que sodes. 
Ben feito! 

martes, 28 de outubro de 2014

"Diestro e Siniestro"

"Diestro e Siniestro" son dous dos insectos paus de Noelia, que hoxe viñeron pasar a tarde con nós á escola. Acompañáronnos na biblio, onde os fomos vendo con calma, e despois tamén na nosa aula. "Diestro e Siniestro" fixéronnos falar de artrópodos, mimetismo, camuflaxe, patas articuladas, insectos... Foi unha lección práctuica de Naturais! Graciñas Noelia por ensinánolos!



 








Aniversario de Fátima

Hoxe foi o aniversario de Fátima e celebrámola cunha torta que comemos enteiriña porque estaba moi, moi boa e porque en 5º hai un feixe de larpeiros e larpeiras.

                        Parabéns, Fátima! 

 E graciñas pola torta e as galletas.





luns, 27 de outubro de 2014

No Samaín

 
O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ! 
 E que mellor que un vídeo de Paco Nogueiras para celebralo? A bailar e cantar!

Marca-axendas

Mirade que marcapáxinas para as nosas axendas tan chulos! Agasallo da BBS.

Día da Biblioteca

O blogue da BBS xa ten dúas entradas adicadas á celebración do Dia da Biblioteca. Entrade a ver que contan: Premede aquí e aquí.



http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=132608

O libro máxico

Hoxe na celebración do Día da Bibliotea participamos recitando un poema e cantando unha canción. O poema, O libro máxico, en realidade é unha canción do grupo Migallas, pero hoxe recitámola cos nenos e nenas da clase de 2º. Aquí tedes a letra e o audio, para podela cantar.

Subida ao Castro Barbudo

 Que ben o pasamos na subida ao castro Barbudo! Que sorte tivemos co día e que sorte temos coa nosa paisaxe e cos recursos que pon á nosa disposición a nosa contorna!

Aquí temos a montaxe coas fotos que foi facendo Cova e nas que aparece sobre todo 5º.







Non deixedes de visitar a páxina de Educaldea para ver un vídeo con todas as fotos da andaina.

http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php?cod=132583

venres, 24 de outubro de 2014

Preparando a subida ao Castro Barbudo


Preme nas imaxes para velas máis grandes

A araña matemática!

Paseándose tan ancha entre as multiplicacións de tres cifras con ceros intermedios, na mesa dos rotuladores, no borde do encerado, no teito...A nosa araña matemática! Onde ía estar mellor que cos cangrexeir@s na arañeira?
                                                   Queremos que quede con nós!




Landras

Esta semana decidimos plantar landras para ver se prendían tan ben como as castañas do ano pasado. A ver que pasa! Xa vos contaremos. 


Andrea, Noa e Iria contadoras

Andrea, Iria e Noa foron as contadoras desta semana na BBS. Entrade no blogue da biblio para ver a reportaxe completa.
Aquí as tedes anunciando o conto na nosa clase.


luns, 20 de outubro de 2014

Nos clubs da BBS

Botaron a andar os clubs da BBS!  Clicade aquí para saber máis.


Axudantes en acción!

Comezaron o seu labor os axudantes da BBS deste curso. Entrade no blogue da BBS para saber máis.


luns, 13 de outubro de 2014

Clubs de lectura da BBS

Xa está aberta a inscrición nos clubs de lectura da BBS. Animádevos!

BRINCA VAI!

“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un  feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.
“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.
“BRINCA VAI!” son 10 videoclips musicais divertidos e cheos de humor dirixidos protagonizados por un Paco que nos achega  a súa particular visión das estacións, da natureza, da lectura, da amizade, dos xogos e das celebracións propias do ciclo anual como o Nadal, o Entroido, o Samaín…. "

Esta é a presentación editorial de BRINCA VAI! Non queda moito máis que dicir, só que non deixedes de buscalo na biblioteca ou nas tendas e que sigades gozando con Paco Nogueiras tanto como faciamos o curso pasado cando descubrimos o seu canal de Youtube.
Entrade na páxina de BRINCA VAI! , atoparedes fotos, vídeos, partituras, manualidades...



E aquí tedes un dos temas do disco. Coñecémolo ben, cantade desde a primeira nota. 





domingo, 12 de outubro de 2014

Contacontos do recreo

O venres pasado comezaron os contacontos do recreo. Foron os profes os que abriron a nova tempada. Entrade no blogue da BBS para ver como foi. 
Xa podemos apuntarnos para contar contos neste trimestre, hai quen xa o fixo. A ver quen máis se anima.

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=132251

Xa somos axudantes!

Xa fomos á primeira xuntanza, xa temos os nosos contratos asinados e mañá luns o primeiro grupo comeza a colaborar na BBS no recreo. No blogue da biblioteca tedes máis información.


Escolla na biblioteca. Nicoletta Costa

xoves, 9 de outubro de 2014

Axudantes da BBS

Xa estamos en quinto! Xa podemos ser axudantes da BBS!



domingo, 5 de outubro de 2014

Cangrexeiros na arañeira

Decidimos chamarnos Cangrexeiros na arañeira para referirnos ás nosas parroquias Taragoña e Araño. Para ver porque aos de Taragoña nos chaman cangrexeiros pincha neste enlace da Wikipedia.
Tamén podedes ver aquí a información da Wikipedia sobre o Araño.  

 Aquí tedes as primeiras ilustracións para o nome do noso blogue, obra de Laura e Noa.


sábado, 4 de outubro de 2014

Uvas

Desde que estamos en 5º aínda non compartíramos merenda no recreo, pero este venres comezamos a facelo porque seguimos a ser unha clase de comedoriñ@s.
Aproveitando que as uvas da vendima xa se están a acabar pegámonos unha enchenta delas, non tod@s, a algúns seica só lles gustan as uvas brancas. Eles o perden!


venres, 3 de outubro de 2014

A marabillosa medicina de George

A nosa primeira lectura colectiva deste curso é A marabillosa medicina de George escrita por Roald Dahl, ilustrada por Quentin Blake e publicada por Xerais. Conta a historia dun neno que prepara unha medicina moi especial para a súa avoa, que a diferenza das nosas, é moi malvada. É un libro moi divertido, cheo de sorpresas e humor. Cando lemos un capítulo non queremos parar.