luns, 28 de decembro de 2015

Amig@ invisible

O ultimo día de trimestre fixemos o xogo do amig@ invisible, cada quen recibiu un agasallo sorpresa feito por alguén da clase. Apareceron manualidades incribles, verdadeiras chuladas feitas con agarimo para un compañeiro/a que nos tocou nun sorteo. Foi todo un éxito!

domingo, 27 de decembro de 2015

Festival de Nadal

O tempo non nos acompañou para levar os cantos de reis polas parroquias, así que o venres 18 improvisamos un Festival de Nadal no auditorio do colexio que resultou moi ben. canto artista hai no Brea Segade! :-) Aquí tedes algunha imaxes da participación de sexto no festival.
Nos ensaios
Preparad@s para comezar



Os nosos detectives II

Así de felices e content@s quedamos despois de presentar na biblio, para todo o colexio os traballos sobre os detectives de ficción que nos encargara Libriño. Custou, pero pagou a pena, aprendemos moitas cousas sobre os personaxes e tamén sobre como elaborar presentacións e como expoñer un traballo ao público.



Aquí tedes as presentacións e os enlaces aos artigos no blogue da BBS:
Detective Conan  
Hércules Poirot
Miss Marple










A bruxa

O último contacontos do trimestre foi unha lectura dramatizada da obra A bruxa, da Colección O baúl dos Monstros, e as contadoras/actrices foron: Andrea, Iria, Laura, Patri e Silvia. Estiveron tremendas, coma sempre. Entrade no blogue da BBS para saber máis.




Na presentación da guía de lecturas

Temos varias entradas pendentes, foi tanto o traballo das últimas dúas semanas que houbo que coller uns días de descanso para repoñer forzas :-)
Aquí tedes as imaxes da participación da nosa biblioteca na presentación de Tempo de acivros, tempo de libros. Da nosa clase estiveron todas as rapazas dándoo todo sobre o escenario. presentamos Xogando con gatos de Antón Cortizas e Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido de Jaureguizar. Moi ben, estades feitas unhas actrices de primeira!
Á volta do nadal teredes os dous libros e o resto dos da guía na BBS para que os poidades ler. Teñen pintaza!











xoves, 10 de decembro de 2015

Tempo de acivros, tempo de libros

Mañá ás sete da tarde no Auditorio de Rianxo un grupo de rapaces e rapazas do Brea Segade participarán no acto de presentación da guía de lecturas que elaboraron para este Nadal as bibliotecas de Rianxo. Alí estarán Noa, Fátima,  Iria, Silvia, Patri, Noelia, Laura e Andrea, todas as rapazas da clase! Así que xa sabedes, animádevos e animade a tod@s a vir.


martes, 8 de decembro de 2015

Aniversario de César

Onte foi o aniversario de César Creo. Celebrámolo cun biscoito quentiño, recén saidiño do forno, que nos trouxo Conchi no recreo e que estaba para lamber os bicos, os dedos e ata a bandexa :-) Riquísimo! Tamén cantamos e turramoslle das orellas, como ten que ser!
Xa van quedando moi poucos por cumprir os 11 anos, dentro de nada xa empezan algúns cos 12.


PARABÉNS, CÉSAR!


Grazas polo biscoito!





domingo, 6 de decembro de 2015

Treasure island

O xoves pasado fomos ao teatro. Desta vez fomos ver unha obra en inglés, Treasure island, a cargo da compañía Face2face. Levabamos semanas traballando no argumento da obra con Lois nas clases de inglés e xa tiñamos ganas de vela. Aquí tedes unhas imaxes do ben que estivo e da importante participación dos actores e actrices espontáneos do Brea Segade. :-)
Coñecedes a algún?


xoves, 3 de decembro de 2015

Día Internacional das persoas con discapacidade

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidade, unha data para lembrar que tod@s somos diferentes pero que tod@s debemos ser respectados e apreciados polas nosas capacidades, non valorados polas nosas limitacións. Como acontece con outras conmemoracións é un tema para lembrar todos os días, pero está ben que unha vez ao ano pensemos nas barreiras que teñen que superar algunhas persoas e no que nós podemos aportar para facer que tod@s teñamos as mesmas oportunidades na vida.


Ao longo do curso iremos vendo e comentando algúns libros e vídeos que falan sobre a discapacidade e a diferenza. Aquí tedes o primeiro: O cazo de Lorenzo de Isabelle Carrier. A ver que vos parece.

mércores, 2 de decembro de 2015

Aniversario de Noa

Hoxe celebramos o aniversario de Noa na clase. Trouxonos eses pasteis riquísimos que fai coa súa nai e que nos zampamos nun plis, plas. Mira que hai comedoriñ@s en sexto! Cantámoslle, turrámoslle das orellas e desexámoslle:

PARABÉNS, NOA!

Graciñas polos pasteis, estaban boísimos. 

Pintaza!

Parabéns...