sábado, 30 de xaneiro de 2016

30 de xaneiro: Día da Paz e a non Violencia

En Plástica deseñamos e elaboramos, con diferentes técnicas, carteis para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia.  Quedaron moi chulos! Están na entrada do centro xunto cos traballos que realizaron compañeir@s doutros cursos.
A Paz non é cousa dun día; os conflitos, próximos e lonxanos, e a necesidade de atopar solucións non violentas están presentes na nosa escola todos os días do ano, pero ás veces as conmemoracións serven para que non decaia o noso empeño e a nosa aposta por un mundo diferente, un mundo en paz, baseado na tolerancia e o respecto.

venres, 29 de xaneiro de 2016

Xa está aquí!

Xa está aquí o Toribio e con el ... o Entroido!
Toribio científico

Luns tod@s con algunha prenda do revés e a saltar ao dicir:
Bo día!

Preparad@s, list@s, xa! 
Comeza a diversión! 

Mozos e mozas

Rematamos os murais coas siluetas e a información sobre como nos vemos uns aos outros. Foi interesante facelas e tamén resultou moi ben o debate que fixemos todos xunt@s sobre o que aparecía nos murais.
Falamos de estereotipos e de que sería bo saber máis uns dos outros, porque ao principio non resultou doado decidir con que información encher as siluetas.


domingo, 24 de xaneiro de 2016

O xogo das siluetas

Comezamos coa segunda das actividades proposta en Conectando Mundos: O xogo das siluetas. Aínda non rematamos, pero nos está gustando.

A silueta das rapazas



A silueta dos rapaces




O noso perfil en Conectando Mundos

Tiñamos claro o que queriamos para o noso perfil deste ano en Conectando Mundos, outra cousa foi conseguir unha foto que nos valese :-)

Probamos dun lado e non nos convenceu

Probamos doutro pero non saía Aitor

Entón deunos a risa


E custou un montón parar de rir... Pero ao final, conseguímolo!

xoves, 21 de xaneiro de 2016

Camiños de igualdade

http://www.conectandomundos.org/gl/edicion


Comezamos unha nova edición de Conectando Mundos!
E xa é o terceiro curso que participamos!
Desta vez traballaremos sobre a diversidade e a igualdade entre homes e mulleres no mundo. De momento aínda estamos a comezar, temos ante nós nove semanas de traballo, agardamos aprender moito e pasalo moi ben. Iremos informando...

http://www.conectandomundos.org/gl/edicion


domingo, 17 de xaneiro de 2016

Viaxando por Europa

Estamos de volta! E xa comezamos a retomar proxectos e traballos que tiñamos pendentes. En Valores Cívicos e Sociais estamos rematando os nosos proxectos de viaxes por Europa en Interrail. Aquí nos tedes "dándolle duro". :-) 

Buscando de información
Na páxina de Interrail




Elaborando os folletos
Coa información das viaxes