En Plástica deseñamos e elaboramos, con diferentes técnicas, carteis para conmemorar o Día da Paz e a non Violencia. Quedaron moi chulos! Están na entrada do centro xunto cos traballos que realizaron compañeir@s doutros cursos.
A Paz non é cousa dun día; os conflitos, próximos e lonxanos, e a necesidade de atopar solucións non violentas están presentes na nosa escola todos os días do ano, pero ás veces as conmemoracións serven para que non decaia o noso empeño e a nosa aposta por un mundo diferente, un mundo en paz, baseado na tolerancia e o respecto.
Gustoume moito facer os simbolos e debuxos da paz.
ResponderEliminar