luns, 28 de setembro de 2015

Toponimia: Rianxo fala

Imos destacar un dos apartados do proxecto Rianxo fala do que forma parte o noso centro, en colaboración co IES Félix Muriel e o CRA de Rianxo: Toponimia de Rianxo. Trátase dun completísimo estudo feito desde o IES Félix Muriel, que nos vai resultar moi interesante para o traballo que imos a realizar na clase estas semanas.

http://www.rianxofala.com/#!toponimia/c442

Carta de Libriño

Chegounos carta de Libriño pedíndonos que lle axudemos a descubrir de quen son os nomes dunha lista misteriosa. A BBS aínda non abriu pero xa empezamos a notar que vai ser unha Axencia de investigación. Temos choio que facer!Comezamos a investigar, irémosvos informando.
Carta para sexto!
Que será?
É de Libriño!
Un encargo...
Mellor dito, tres encargos.

Corpos xeométricos

Estamos traballando sobre corpos xeométricos en Matemáticas e Plástica: prismas, pirámides, esferas, conos... Aquí nos tedes creando estruturas con cartolina, pauciños e plastilina.

venres, 11 de setembro de 2015