mércores, 25 de febreiro de 2015

Doddle de Rosalía

Este 24 de febreiro Rosalía tivo ata o seu doddle no buscador Google.

Ben merecido!

luns, 23 de febreiro de 2015

Da ciencia á ficción: 20.000 leguas de viaxe submarino

O Nautilus
Hoxe mandamos o noso Nautilus a Pontevedra, ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil. É o froito de semanas de traballo de moitos nenos, nenas e profes do Brea Segade. Durante este traballo descubrimos a Xulio Verne e a unha das súas obras máis importantes, 20.000 leguas de viaxe submarino. Coñecer a vida de Xulio Verne levounos a poñer en marcha a nosa imaxinación e converternos en deseñadores e deseñadoras dos transportes do futuro. Descubrimos que nós tamén somos capaces de imaxinar e inventar partindo da ciencia. Quen sabe se algún dos nosos inventos imaxinarios chegará a ser real?
Biografía de Jules Verne

O venres inaugurase a XVI edición do Salón do Libro, alí estará o noso traballo xunto ao de moitos outros nenos e nenas, fundamentalmente da comarca de Pontevedra. Nós visitarémolo xunt@s en marzo, o mércores 11, pero mentres tanto continuaremos gozando da ciencia e a ficción.

Entrade no blogue da biblioteca para ver como despedimos ao Nautilus.

xoves, 19 de febreiro de 2015

Mandala da xustiza

Xustiza

Conseguimos o primeiro dos mandalas do Conectando Mundos deste ano: Mandala da xustiza!

Estamos a punto de rematar a segunda fase e comezar coa terceira, seguiremos traballando duro para conseguir os dous mandalas que nos falta.

luns, 16 de febreiro de 2015

Fóra pequeno Nicolás!

Conseguimos desfacernos do pequeno Nicolás! Démoslle o seu merecido e queimámolo nas brasas do Toribio. Ben por nós!


Nicolás, ímonos desfacer de ti!


Alá vai!


Devorado polo lume!

Conseguímolo!

Chao, pequeno Nicolás!

Adeus, Toribio!

Chegou o momento de despedir ao noso benquerido Toribio. Que tristeza! Desta vez non puidemos acompañalo en desfile ata o lugar da queima porque era tal a pena que ata deu en chover! Pero queimar, queimámolo igual e despedímonos do mellor compañeiro do Entroido.
Adeus , Toribio, agardámoste así de toliño para o ano que vén!

Preparado para arder
Arderá?
Xa prendeu!




Adeus!

sábado, 14 de febreiro de 2015

Xogos e larpeiradas

Despois de tanto artista e tanto bromista que vimos no auditorio viñeron os xogos no pavillón e as merecidisimas orellas, filloas, rosquillas, biscoitos... Un ano máis temos que agradecer a todas as familias do brea Segade as riquísimas larpeiradas coas que nos alegran a festa do Entroido.
Moitas grazas, estaba todo boísimo!























Os Lóstreghos e o pequeno Nicolás

Con todo preparado marchamos para o auditorio onde cada curso subiu ao escenario a lucir disfraz e compartir unhas coplas ou un baile.
Nós escollemos o Entroido move o corpo de Paco Nogueiras, unha das nosas cancións favoritas do disco Brinca Vai!, para facer entrada e subir ao escenario e  despois interpretamos as coplas que compuxemos sobre a base do tema Fogo Nicolás do gaiteiro Xosé Manuel Budiño no álbum Celtic Roots. Tivemos con nós un novo compañeiro, o pequeno Nicolás.

Lostreghos preparad@s!

Lostreghos preparad@s!
Aquí van as nosas coplas:





E aquí van algunhas imaxes dos Lóstreghos en acción, mçagoa de audio.







Os Lóstreghos!

E chegou o día grande, o venres de Entroido na escola!
Este ano fomos de choqueir@s. Ademais dos mandados do Toribio cada aula foi xuntando nunha caixa accesorios para poder disfrazarse de arriba a abaixo o venres. 
Condicións: 
* Levar algo na cabeza 
* Levar mandil 
* Levar algo do revés 
* Levar pixama ou algo que usemos para durmir 
* Levar polo menos unha peza de roupa ou complemento da caixa do Entroido que trouxera un compañeiro/a. 
Da caixa non podiamos coller nada noso, só intercambiar. 

 Nós decidimos que a nosa comparsa ía chamarse "Os Lóstreghos", así que tamén preparamos lóstregos en cartolina para tod@s. E por suposto inventamos coplas para cantar no Auditorio.
Todo o que había na caixa de Entroido de 5º

Os Lóstreghos
Os Lóstreghos
Os Lóstreghos

En pixama, coa cabeza adornada, mandil e algo do revés!

Cumprimos este mandado encantad@s! Xa hai quen propuxo vir en pixama todos os días :-)

mércores, 11 de febreiro de 2015

Cuarto mandado

E o Toribio segue mandando e toleando!

Mercores: do revés, con mandil e cabeza decorada

Éche boa verdade, o Entroido é o mundo ao revés. E como nos gusta que sexa así. Hoxe viñemos con algo na cabeza, mandil e polo menos, polo menos unha prenda ao revés. Desta vez a foto... co Toribio!

martes, 10 de febreiro de 2015