E chegou o día grande, o venres de Entroido na escola!
Este ano fomos de choqueir@s. Ademais dos mandados do Toribio cada aula foi xuntando nunha caixa accesorios para poder disfrazarse de arriba a abaixo o venres.
Condicións:
* Levar algo na cabeza * Levar mandil
* Levar algo do revés
* Levar pixama ou algo que usemos para durmir
* Levar polo menos unha peza de roupa ou complemento da caixa do Entroido que trouxera un compañeiro/a.
Da caixa non podiamos coller nada noso, só intercambiar.
Nós decidimos que a nosa comparsa ía chamarse "Os Lóstreghos", así que tamén preparamos lóstregos en cartolina para tod@s. E por suposto inventamos coplas para cantar no Auditorio.
Todo o que había na caixa de Entroido de 5º |
Os Lóstreghos |
Os Lóstreghos |
Os Lóstreghos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario