luns, 23 de febreiro de 2015

Da ciencia á ficción: 20.000 leguas de viaxe submarino

O Nautilus
Hoxe mandamos o noso Nautilus a Pontevedra, ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil. É o froito de semanas de traballo de moitos nenos, nenas e profes do Brea Segade. Durante este traballo descubrimos a Xulio Verne e a unha das súas obras máis importantes, 20.000 leguas de viaxe submarino. Coñecer a vida de Xulio Verne levounos a poñer en marcha a nosa imaxinación e converternos en deseñadores e deseñadoras dos transportes do futuro. Descubrimos que nós tamén somos capaces de imaxinar e inventar partindo da ciencia. Quen sabe se algún dos nosos inventos imaxinarios chegará a ser real?
Biografía de Jules Verne

O venres inaugurase a XVI edición do Salón do Libro, alí estará o noso traballo xunto ao de moitos outros nenos e nenas, fundamentalmente da comarca de Pontevedra. Nós visitarémolo xunt@s en marzo, o mércores 11, pero mentres tanto continuaremos gozando da ciencia e a ficción.

Entrade no blogue da biblioteca para ver como despedimos ao Nautilus.

3 comentarios:

  1. Quedounos moi ben o nautilus!!
    Iria

    ResponderEliminar
  2. Quedou xenial! Fixestes moi bo traballo na maqueta e nos libros. Noraboa a tod@s.
    Cova

    ResponderEliminar
  3. Ola somos Noa e Andrea. A nos gustounos moito facer tanto os libros como o Nautilus. Estamos desexando que chegue o 11 de marzo!!

    Saudos de Noa e Andrea.

    ResponderEliminar