
Empezamos por pensar o mellor e o peor de ser maiores, pero maiores de verdade, adultos/as. Despois cada quen pensou e preparou unha pequena presentación sobre o que lle gustaría ser de maior. Como remate presentouse o traballo ao resto dos compañeiros/as e respostouse a preguntas e dúbidas.
Foi moi interesante. Imos ter unha variedade enorme de profesións nos futuros homes e mulleres que agora están en quinto. Mirádeo vós mesm@s.
Lembrade que podedes parar a presentación das fotos, para ver algunha con máis detalle, premendo nos botóns inferiores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario