P.
De onde es?
R.
Eu son de Dodro.
P.
Pero tes familia en Taragoña?
R.
Si, teño familia en Taragoña, teño ao meu primo Mateo, que está
nesta escola e á miña tía, claro.
P.
Tes outra profesión a parte de ser escritora?
R.
Si, son monitora nun colexio.
P.
Que estudaches?
R.
Estudei para ser mestra de Educación Primaria e Infantil e tamén
estudei Pedagoxía.
P.
Desde cando escribes?
R.
Escribo desde sempre. O primeiro que lembro que escribín foi na
escola unitaria pero non o gardei
e
agora gustaríame velo.
P.
De pequena querías ser escritora?
R.
Si.
P.
Gústache escribir?
R.
Si, claro que me gusta escribir.
P.
Escribiches máis libros?
R.
Si, pero Leandro e os números é o único que teño publicado de
momento.
P.
En que te inspiraches para escribir Leandro e os números?
R.
Inspireime nunha urbanización que hai cerca da escola na que
traballo, con todas as casas iguais como a do conto.
P.
Quen fixo as ilustracións?
R.
As ilustracións fíxoas unha amiga miña que se chama Lidia Brea.
Descubrín que lle gustaba debuxar e pedinlle que mas fixera.
P.
Gustouche traballar con ela?
R.
Si, gustoume moito.
P.
En que editorial está publicado Leandro e os números?
R.
Esta publicada nunha editorial pequena que se chama Bailarete.
P.
Como se fai para publicar un libro?
R.
Tes que ir á editorial, presentar a idea e se lles gusta o libro
cóllencho. Eu coñezo a unha rapaza que traballa nesta editorial e
dinlle o libro para que o levara. Gustoulles e publicárono.
P.
Tes pensado seguir escribindo ?
R.
Si
P.
Gústache contarlle contos aos nen@s ?
R.
Si, gústame pero non sempre o mesmo libro para que non lles aburra
aos nen@s, nin a min.
P.
Canto tardaches en escribir o conto ?
R.
Tardei pouco unhas horas, pouco menos dunha tarde., pero unha vez
escrito tiven que revisalo varias veces e fun cambiando cousas. A
editorial tamén me pediu que fixera algúns cambios.
Moitas
grazas, Rocío!
Ningún comentario:
Publicar un comentario