xoves, 3 de decembro de 2015

Día Internacional das persoas con discapacidade

O 3 de decembro conmemórase o Día Internacional das persoas con discapacidade, unha data para lembrar que tod@s somos diferentes pero que tod@s debemos ser respectados e apreciados polas nosas capacidades, non valorados polas nosas limitacións. Como acontece con outras conmemoracións é un tema para lembrar todos os días, pero está ben que unha vez ao ano pensemos nas barreiras que teñen que superar algunhas persoas e no que nós podemos aportar para facer que tod@s teñamos as mesmas oportunidades na vida.


Ao longo do curso iremos vendo e comentando algúns libros e vídeos que falan sobre a discapacidade e a diferenza. Aquí tedes o primeiro: O cazo de Lorenzo de Isabelle Carrier. A ver que vos parece.

2 comentarios:

  1. Acórdome dese conto.Contáranllo a todo o CRA nunha das visitas á sede de Asados.Cando era pequeno non o entendía, pero agora si.

    Noelia

    ResponderEliminar
  2. Si, eu tamen me acordo. Ao principio pareciame triste pero ao final penso que saca algo das cousas boas dos descapacitados
    Iria

    ResponderEliminar