Este mércores tivemos a sorte de recibir no cole a visita de Jose Parada, un biólogo especializado no medio mariño, que nos deu unha charla sobre os invertebrados que podemos atopar nas nosas rías. A charla é unha das actividades que estamos a realizar este trimestre para preparar a nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra.
Jose trouxonos bechos de verdade e vivos para que puideramos tocar e ver todo o que nos ía explicando, foi xenial! Pola mañá foi ás rochas a buscar todo o que nos ensinou e despois devolveuno de novo ao mar á tardiña.
Como a charla comezou ás dúas e media aproveitamos para comer xunt@s na escola, descansar e xogar un pouco antes de comezar. Tamén lle fomos dar unha visita ao noso carballo, que está medrando ben e xa ten follas novas.
Aquí tedes un anticipo en imaxes do que fixemos o mércores pasado. Ampliaremos a información na vindeira semana con todos os datos que recollemos na charla, que foron moitos!
Graciñas, Jose, encantounos!!!
Paeino moooooooooooooooooooooooooooooooooooi ben
ResponderEliminarNoa
Unhas nenas e nenos moi intelixentes, moi curiosos e con moitas gañas de aprender. Así dá gusto. Moitas grazas a vós.
ResponderEliminarUn bico, Jose
O cangrexo quereme!!!
ResponderEliminarA min a túa visita (Jose) encantoume porque o pasei moi ben!!!!
ResponderEliminarCésar Creo
Moitas grazas Jose paseino moi ben e gustáronme moito eses animais.
ResponderEliminarIria