domingo, 26 de xuño de 2016

Marisqueo e mariscadoras

Tiñamos pendente esta charla desde había moito tempo, non podiamos rematar o curso sen aprender de primeira man en que consiste o traballo das mariscadoras e comprobar se o que investigaramos e despois contamos nun dos libros que fixenmos este curso era correcto. Por iso pedimoslle ás nais de Silvia e de Andrea que nos viñeran falar do seu traballo. 
Trouxeronnos ferramentas e tamén ameixas e berberechos de diferentes tipos para aprendernos a distinguilos ben. Déroonnos detalles sobre o seu traballo que non atoparamos nos libros e  contestaron a todo o que lles preguntamos. Foi unha sorte contar con elas, así dá gusto!
Graciñas, Bea e Esther!









1 comentario:

  1. Foi moi interesante a charla..Eu non savia que avía tantos timos de ameixas e de berberechos.
    Iria

    ResponderEliminar