venres, 16 de xaneiro de 2015

Marcos Mostaza

Á volta das vacacións comezamos a ler un novo libro de lectura colectiva que está nos itinerarios lectores de 5º. Desta vez é unha obra en castelán: Marcos Mostaza uno, de Daniel Nesquens, con ilustracións de Claudia Ranucci e publicado na editorial Anaya.

É unha novela realista escrita en primeira persoa por un neno de dez anos que nos vai contando como é a súa vida, a súa familia, os amigos e amigas, a escola...
Como todas as obras Nesquens está escrita con moito sentido do humor e é imposible lela sen un sorriso na cara e sen botar ás veces unha boa gargallada.

E Marcos Mostaza ten blogue propio! Entrade neste enlace para velo.

4 comentarios:

  1. A min este libro parecéume moi divertido. A min o que mais me gustou foi cando a Juanito o xogador do Betis tivo que ir ao adestramento do fútbol co garfio de Carlos o primo de Marcos Mostaza.
    César Creo

    ResponderEliminar
  2. A min gustoume moito ler Marcos Mostaza. É moi divertido. Estou desexando ler o segundo libro MARCOS MOSTAZA 2

    Iria

    ResponderEliminar
  3. A min gustoume moito o libro de Marcos Mostaza. O meu personaxe favorito foi Hanif. Xa teño leido outros libros teus como Hasta casi 100 bichos.
    Aitor

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito Marcos Mostaza estou desexando ler os outros catro libros siguintes e tamén me gustou moito Hasta casi cien bichos.
    Jorge C.

    ResponderEliminar