domingo, 1 de marzo de 2015

Nós somos Rosalía

Levabamos toda a semana falando e traballando sobre Rosalía na clase e o venres 27 celebramos no cole a nosa homenaxe á poeta. Sumámonos á proposta da Asociación de escritores en lingua galega e compartimos poesía e flores para lembrar a Rosalía e manter viva a súa obra e o seu compromiso con Galicia, coa súa lingua e a súa cultura.
Entrade na páxina da BBS para ver a reportaxe completa. Aquí tedes as imaxes da participación de quinto no acto montadas cun novo trebello que estamos probando. Que vos parece?

3 comentarios:

  1. Gustounos moito o día de Rosalía De Castro. Manuel e Jorge O.

    ResponderEliminar
  2. Estivo ben, a min gustoume moito o día e a montaxe. Fátima

    ResponderEliminar