martes, 2 de febreiro de 2016

A caixa da personalidade

Rematamos coa segunda das actividades de Conectando Mundos :-) Imos un "pouco" fóra de prazo pero a verdade é que nos estamos implicando nas propostas e dá mágoa deixalas a medias ou acabalas a correr cando nos está gustando o que facemos.
O xogo da "caixa da personalidade" axudounos falar sobre as supostas características femininas e masculinas. Primeiro escollemos nun listado cinco rasgos de personalidade que nos representaran e despois distribuímos nas caixas de feminino, masculino ou ambos todas as calidades.
O debate que fixemos ao ir descubrindo o que había en cada caixa foi moi interesante e levounos a decidir entre tod@s que non hai calidades propias dun sexo ou outro senón persoas diferentes, con personalidades diferentes. E todo isto, coa roupa do revés e as perrucas, gorros e demais nas cabezas, porque, quen se resiste aos mandados do Toribio? Nós non! :-)
As caixas da parsonalidade
Distribuindo características


No debate









3 comentarios:

  1. Este xogo a nós gustounos e parécenos correcto.Jorge Otero e Manuel

    ResponderEliminar
  2. Molou moito o xogo das caixas e eu creo que as mulleres teñen as mismas cualidades que os homes.

    ResponderEliminar
  3. A min o xogo das caixas da personalidade gustoume moito porque aprendemos máis uns dos outros e mais o pasamos moi ben xogando mentres facíamos o debate das personalidades entre chicos e chicas.
    un cordial saludo:Laura

    ResponderEliminar